Comunicado (GAL)

O pasado 4 de abril os corpos de represión do Estado Español puxeron en marcha a denominada operación “Puma 70” coa finalidade de deter, imputar, amedrentar e criminalizar ao máximo número de persoas posibles. Esta persecución, con claras tinguiduras de vinganza policial, tivo como resultado o inxusto ingreso en prisión preventiva de Ismael, un mozo de 18 anos veciño dunha localidade do sur de Madrid.

Esiximos a inmediata posta en liberdade sen cargos e absolución de Isma. O noso compañeiro converteuse nun dos epicentros da represión do Estado Español grazas, en boa medida, á criminalización dos medios de desinformación que están ao seu servizo.

Por suposto, tamén esiximos que se respecte o principio básico da presunción de inocencia que moitas persoas e medios optaron por negalo.

Non permaneceremos de brazos cruzados ante estes intentos de atemorizar a todos/ás os/ás que loitan contra a ditadura do capital e as súas inxustizas. A autodefensa dos pobos e dos individuos contra toda tiranía é un dereito fundamental ao que non renunciaremos xamais. O seu autoritarismo non é máis que outra proba de que este sistema só se pode manter mediante a violencia e a represión policial.

Dende a Plataforma pola liberdade de Isma, facemos un chamamento de solidariedade a todos/ás vós/ás e, moi en especial, a aquelas persoas que decidiron manifestarse o 22 de marzo en Madrid para que, entre todos/ás, poidamos liberar a Ismael do secuestro que sofre. As Marchas pola Dignidade non poden desentenderse do noso compañeiro, e pregámoslles que fagan todo o posible pola liberación de Ismael.

Esta persecución a toda persoa que se rebele contra o réxime establecido non debe facer máis que aumentar a nosa forza e unidade, e por iso non descansaremos ata conseguir a liberdade e absolución de Isma.

Plataforma pola liberdade de Isma

plataformalibertadisma@gmail.com | @Libertad_Isma
Plataforma por la Libertad de Isma

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s